O que se pode contar
lunes, 25 de julio de 2011
Me di una hostia
viernes, 22 de julio de 2011
Fixo onte sete anos
Dinme unha hostia, unha boa hostia. Ninguén daba un peso por min. Só miña nai.
Ía en moto, do traballo á casa. Tiña invitados a cear. Tiña planeado unha cea para ensinarlles o piso que acababa de comprarme. Pensaba parar antes a comprar unhas robalizas para facelas ó forno con unhas patacas asadas. Sáenme deliciosas. Non son moi bó cociñeiro, pero a robaliza é un peixe moi agradecido e normalmente chúpanse os dedos.
Foi unha gran hostia. Rompín a aorta. Ademais do esterno e todo o arco costal dereito. O que supuxo que todas esas costelas rotas se me cravasen nos pulmóns, fígado e riles. Ademais da mencionada aorta. A caixa torácica esnaquizada e todo o que vai dentro dela danado. Todo menos o bazo, cousa curiosa posto que é o órgano máis maltratado polos motoristas. Si mirades na wikipedia veredes que a aorta é a arteria principal do corpo humano, que se encarga de levalo sangue a todos lados e que ten un diámetro de unhos 2,5 cms. de diámetro. Recordo unha dor enorme no peito mentres esperaba á ambulancia. Arrastrábame de dor na beirarrúa. Pensei morrer de dor. Aínda así fun eu quen chamou á ambulancia. Dúas veces. En verdade non sei se tardou moito, pero a min apréciame demasiado tempo para estar coas costelas cravadas non sei moi ben onde. Por iso volvín a chamala. “Está de camiño” dixéronme. ¡Carallo! ¡En camiño! ¡Pero si o Hospital Clínico está a menos de
X a na ambulancia quixeron cortarme a chupa de coiro con unhas tesoiras enormes. Dende a miña posición, tombado na padiola, aquelas tesoiras resultaban ameazantes. Non lles deixei. Estendín a man e alguén me agarrou, tirei daquela man e incorporeime. Quiteime a cazadora e deixeime caer de novo. Agora sentíame mellor, supuxen que pola postura, pero pode que os calmantes comezasen a facer efecto. No hospital tras un primeiro vistazo, dixéronme que era necesario avisala miña familia. Eu, que non imaxinaba toda a canteira que tiña por dentro, tentei convencelos que era mellor non avisalos; ó fin e ó cabo pouco podían facer eles. Ademais meus pais vivían a